Quen somos

O Colectivo Nacionalista de Marin xurde da necesidade de ocupar un espácio ideolóxico valeiro á esquerda dos partidos políticos presentes na nosa vila, xa que todos eles están entretidos na conquista do que se dou en chamar o “centro” esquecendo os intereses e preocupacións dos cidadáns.

Ese centro non é outra cousa que adaptación e domesticación, ser funcionais ao sistema, xogando cada un o papel determinado para satisfacer as demandas do mercado eleitoral. Teñen repartido o seu papel neste circo, temos partidos que se chaman de esquerdas, nacionalistas, de dereitas… temos de todo menos organizacións que teña uns plantexamentos e unha praxe clara na defensa dos intereses da colectividade. Por todo isto,


É necesária unha alternativa que defenda os intereses da maioria, que non prime ás empresas privadas fronte aos intereses do povo.

É necesária unha alternativa que aposte claramente por manter os servizos públicos fronte á onda privatizadora que embriaga a todos os “partidos responsábeis”.

É necesária unha alternativa claramente de esquerdas e nacionalista, pois Galiza é a nosa nación, o galego o noso idioma e a Autodeterminación o noso dereito, xa que como povo temos capacidade para decidir por nos mesmos o noso futuro.

É necesária a implicación e participación política do conxunto da sociedade, de cada un de nos, para que a toma de decisións se faga de xeito horizontal e non vertical. Para que non nos impoñan decisións desde as institucións que son contrárias aos nosos intereses, para parar o recorte de liberdades, parar as privatizacións, a desregulación laboral…

Por todo isto formou-se o Colectivo Nacionalista en Marin.

3 Responses to Quen somos

  1. Víctor di:

    Acabo de ler o “quen somos?” e extranoume que non haxa comentarios “ainda”. Pois nada que noraboa, non é doado, a pesar das evidencias palpables, en calquera concello galego, que uns veciños se den conta e constituan unha organización como a vosa. Noraboa tod@s, incluso aos que non son do CN

  2. abelardo fernandez fernandez di:

    Hola.- Totalmente dacordo co artículo. Dame a impresión de que intentades ser un novo partido político, o cal pareceme ben. Pode que por despiste meu non atope algún enderezo electrónico ou telefono, para contactar con vos ou pode que este sexa o medio. Ata outra

  3. Benito di:

    ¡Hola ! Dame vergonza decir que son de Marin vos non salides da casa porque a muitos de bosos pais si lles das vergonza. dDadebos un paseo por o Morrazo e ver o que medraron esas aldeas e mirade o que e Marin por culpa de catro borregos, unde bay o parque suterraneo ,o tunel de desviacion e mas o auditorio o unico que sabedes facer e falar que cando a cousa se pasan facedes como os ratos aguecar valla merda de sente para eso si e vo o arborto que non nacederse tampouco se perdia nada.
    Un parroquiano

Deixar un comentario