Marín

  • Apresentamos un escrito ao Valedor do Povo denunciando as agresións ao património histórico provocado polas obras da Via Rápida e a Circunvalación e a construcción do “muro” na Illa do Santo en Ardán
  • Seguimos demandando a galeguización do Porto de Marin. Agora a nova sinalización en español, o galego non existe para a Autoridade Portuária.
  • O Colectivo Nacionalista apresentou un escrito no concello de Marin solicitando a intervención xudial do mesmo para demandar responsabilidades e a reposición do Petroglifo de Pinar do Caeiro
  • O Conselleiro dePolítica Territorial ven lucir-se e promocionar-se a Marin mirando as obras da circunvalación, sen determinar o seu trazado nen a data de remate.
  • Demandamos do Concello unha solución ao pátio do coléxio de pre-escolar “Calvo Sotelo” que atenda as necesidades dos rapaces e rapazas e que non esté en función de intereses particulares.
  • O Colectivo Nacionalista de Marín apresentou un escrito no Concello solicitando que se proceda a retirada dos dous postes da lus que quedaron no medio da travesía que une a rúa da Estrada co Inferniño (detrás do Instituto) ou que se dirixan á empresa propietaria dos postes para que os retire, así como que se asfalte o bache que preside a entrada desta travesía na rúa do Inferniño.
  • A Xunta de Galiza destroza o património arqueolóxico do Morrazo. A última desfeita nos petroglifos de Pinar do Caeiro en San Xulian, que quedaron totalmente destrozados polas obras da circunvalación a Marin
  • Unión Española de Explosivos pretende descargar explosivos no Porto de Marin. Desde o Colectivo Nacionalista manifestamos a nosa rotunda oposición a que un material tan perigoso sexa descargado nun porto rodeado de vivendas e povoación.
  • No mes de xaneiro solicitamos do Porto de Marin a galeguización da institución. Chegou-nos a resposta, sorprendentemente negativa, alegando que a Autoridade Portuária de Marin é un organismo que está integrado na Admón. Xeral do estado e que polo tanto non ten porque utilizar o galego. Desde o CN temos un modelo de escrito para que asociacións e particulares demanden deste organismo o respeto que se merece o noso idioma.
  • Un ano máis o PP castiga a Marin con ridículas inversións nos orzamentos da Xunta, consolidando un xeito de actuar que ano tras ano se ven reflexando nestas contas. Marin non pode continuar con esta dinámica de desamparo, o noso povo non merece este castigo. Debemos demandar responsabilidades aos culpábeis.
  • A Unión Europea quer liquidar o sector pesqueiro galegoMarin vai padecer un novo desastre económico cos recortes de cuotas pesqueiras da Unión Europea que propón o eurocomisário Fishler. Demandamos a movilización do sector e denunciamos a atitude cómplice do Partido Popular.
  • Ence pretende quedar-se cos terreos públicos que ocupa na actualidadeO Ministério de Medio Ambiente quer desafectar os terreos públicos que ocupa na actualidade a fábrica de celulosas. O motivo non é outro que venderllo á empresa para consolidar definitivamente a sua preséncia na ria. No mes de xullo solicitamos un pronunciamento do Pleno do Concello que volvemos reiterar.
  • Valoración das eleicións xerais O Colectivo Nacionalista valora positivamente a saida do PP do governo central pero non espera que o PSOE sexa a solución aos problemas de Galiza.
  • Na Praia dos Namorados as papeleiras desbordan lixo ante a pasividade do Concello. Desde o Colectivo Nacionalista demandamos a imediata limpeza da praia.
  • Reportaxe gráfico sobre a recollida de sinaturas na Alameda de Marin, demandando o uso civil do Hosptial da Escola Naval
  • O Hospital da Escola Naval de Marin debe integrar-se na rede asistencial do SergasSolicitamos das distintas administracións que boten man dun hospital que está infrautilizado e pode dar servizo aos concellos de Marin e Bueu. Desta forma desatascarian-se os hospitais de Pontevedra (Montecelo e Provincial) que constantemente están saturados pola falta de previsión e inversión da administración. Apresentamos escritos ante os concellos de Marin e Bueu e ante a Conselleria de Sanidade.
  • Demandamos a galeguización do Porto de Marin Iniciamos unha campaña de galeguización do Porto de Marin. Apresentamos un escrito solicitando desta entidade a plena galeguización dos seus escritos e a rotulación das suas intalacións. Tamén demandamos do Concello de Marin, como parte integrante do seu Consello de Administración, que demande o uso do galego.
  • In mare nostra fortuna. Abrir Marin ao mar non está na mente dos nosos governantes, que últimamente adican-se a facer propostas para taponar o paseo que temos fronte á Alameda con auditórios, aparcamentos, “áreas de ócio”, etc.
  • O Colectivo Nacionalista alega contra a Alta Tensión. Ante a nova exposición pública do trazado da Liña de Alta Tensión de Lourizán a Cangas, que atravesa tamén os concellos de Marin e Bueu, apresentamos unha nova alegación solicitando o soterramento da mesma. Ademáis, pedimos un trazado menos lesivo para o entorno natural e a explotación racional do monte.
  • Contenedor Privatizado, Contenedor Abandonado. Ante o estado lamentábel dos contenedores do lixo en Marin Iniciamos unha campaña de sinalización de contenedores fedorentos. O abandono e a falla de limpeza é máis visíbel que nunca desde que se privatizou o servizo.
  • Obra ilegal en Aguete. Nestes dias foi parada pola policia municipal, e precintadas as máquinas, a obra ilegal denunciada por diversas asociacións de Seixo e posteriormente polo Colectivo Nacionalista.
  • Celulosas: O noso Prestige de cada dia. O Colectivo Nacionalista ven de apresentar un escrito solicitando un pronunciamento da corporación municipal de Marin contra a instalación da fábrica de papel xa que suporia a consolidación do complexo industrial Ence-Elnosa na Ria.
  • Desastre urbanistico na Praia dos Namorados. Na nosa vila a legalidade urbanística parece que non existe xa que cada dia descobrimos unha nova infración. Pero esta xa é escandalosa de máis. Ao lado do mar chalet e muro, incuplindo a Lei do Solo, a Lei de Costas, e cun morro impresionante.
  • In Mare Nostra Fortuna, abrir Marin ao marAsistimos estes dias a mútiples propostas para os terreos que a Autoridade Portuária ten fronte da Alameda de Marin. Todas estas propostas consisten en tapar e aillar definitivamente a nosa vila do Mar, o cal teremos que seguir vendes detras dos barrotes que nos instala a Autoridade Portuária polo ben e o progreso económico dalgunha empresa. Desde o Colectivo Nacionalista demandamos alternativas máis intelixentes que realmente nos abran Marin ao Mar
  • Valoración das Eleicións Municipais en Marin. Os resultados eleitorais analisados por nos, se tes algunha opinión non o dubidos participa no noso foro
  • Marin debe sair de Sogama e o Morrazo recuperar o plano de compostaxe, único xeito de abaratar custes e facer un tratamento ecolóxico.Sogama pensa subir un 32% o que lle cobra aos concellos por lucrar-se da incineración do lixo. A Mancomunidade do Morrazo tamén pensa “sanear as contas” incrementando un 100% o a tasa que lle cobra aos veciños. Desde o Colectivo Nacionalista demandamos do Concello de Marin a saida de Sogama e a busca de alternativas ecolóxicas.
  • Os orzamentos da Xunta para o 2003 volven discriminar ao noso concelloUn ano máis o PP castiga a Marin con ridículas inversións nos orzamentos da Xunta, consolidando un xeito de actuar que ano tras ano se ven reflexando nestas contas. Marin non pode continuar con esta dinámica de desamparo, o noso povo non merece este castigo. Debemos demandar responsabilidades aos culpábeis.
  • A herdanza de Franco: 25 anos de constitución española.25 anos negandonos o dereito como povo a exercer o noso libre dereito de autodeterminación, tentando contentarnos cunha autonomia incapaz e inservíbel para solucionar os problemas de Galiza. Manifesto
Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s