Por un 25 de Xullo de tod@s


Este 25 de xullo as e os galegos temos a oportunidade de celebrarmos xuntos o Día da Patria nunha manifestación unitaria que percorrerá as rúas de Compostela a partir das 12h para amosar que somos unha nación e queremos existir. Por iso, desde o Colectivo Nacionalista queremos amosar o noso apoio a esta manifestación e chamarmos a todas e todos os galegos a participaren nesta.

Este sábado debe ser un día de celebración sen exclusións, ninguén pode nin debe quedar fóra. O momento é chegado, o momento da unidade para reivindicar a nación. Reivindicar o noso dereito á autodeterminación, o noso dereito a decidirmos o noso futuro, a decidírmonos pola independencia.

Somos conscientes da situación de debilidade económica, cultural, política e social na que se atopa Galiza. Mais Galiza tamén ten potencialidades, ten a capacidade do seu pobo, ten unha cultura universal, un idioma propio que serve para comunicármonos entre nós e co mundo, temos a xeración mellor preparada da historia e uns sectores produtivos que ben desenvolvidos poden xerar moita riqueza.

Nun momento en que se reforzan discursos centralistas e centralizadores, temos que facer visíbel a nación galega. Unha nación representada nas e nos gandeiros teñen que malvender o leite, representada polos mariñeiros desembarcados, sen cotas de pesca e sen barcos, representada polos milleiros de persoas obrigadas a emigraren na procura de traballo, polas nenas e nenos que non poden estudar no seu idioma.

Este 25 de Xullo ten que ser o da unidade. Mais debe ser unha unidade verdadeira que, sen oportunismos e intereses electoralistas, traballe e trace o camiño para conseguirmos a liberdade do pobo galego e superar o marco institucional e o modelo económico imposto polo estado español e a UE.

Marcando na carta de navegación o rumbo correcto e remando todos na mesma dirección teremos a oportunidade de chegarmos a bo porto e acadarmos o noso obxectivo final da liberación nacional e de clase.

About colectivo nacionalista de Marín

nacionalismo soberanía nacional
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s