Apoio á folga na sanidade galega


mani-10-decembro

O Colectivo Nacionalista de Marín quere amosar o seu apoio á folga xeral na sanidade pública galega convocada para os días 9 e 10 de Decembro, e facer un chamamento á participación nas manifestacións convocadas para o día 10, que en Pontevedra sairá ás 20h. diante do hospital provincial.

Sobran motivos para apoiar estas mobilizacións diante da ofensiva do partido Popular que pretende o desprestixio da sanidade pública para xustificar o proceso de privatización que está levando en todos os ámbitos do Sergas e aplicar os recortes salvaxes en persoal, materiais, probas diagnósticas e repagos de medicamentos. As políticas do PP supoñen a división da asistencia sanitaria, unha para ricos que poidan pagar os mellores medios e outra de beneficencia para o resto.

Pretenden limitar o acceso á sanidade e ás prestacións farmaceuticas impoñendo repagos nos medicamentos, nas próteses ou nas ambulancias. Medidas que afectan os sectores con menos poder adquisitivo, como pensionistas e enfermos crónicos.

O goberno da Xunta está lexislando para repartir as partes máis interesantes da sanidade pública, economicamente, entre grupos empresariais próximos ao PP, como son as aseguradoras sanitarias, fondos de investimentos ou construtoras. Temos que resaltar que este modelo xa se implantou sen éxito en comunidades como a Valenciana onde se privatizaron hospitais que co tempo tiveron que ser rescatados pola administración. En Madrid a venda de hospitais e áreas sanitarias completas a grupos empresariais vén acompañada de denuncias de corrupción e traspase de altos cargos políticos da comunidade a empresas beneficiadas con estas concesións.

Hai poucos días aprobouse no parlamento galego a Lei de garantías sanitarias que pretende, teoricamente, garantir uns prazos nas citas e operacións desviando pacientes a centros privados. Isto faise despois de reducir o orzamento sanitario en 1614,28 millóns nos últimos cinco anos, de reducir 3000 prazas vacantes de persoal xubilado e limitar a reposición do mesmo ao 10% e cando se anuncia o peche dunha planta de medicina interna no Hospital Abente de A Coruña.

Os veciños e veciñas de Marín xa sabemos o que son as políticas de recortes, ao incremento das listas de espera hospitalarias e de atención dos médicos de cabeceira temos que sumarlle a desaparición do servizo de ambulancia nocturna. Agora somos atendidos por ambulancias que teñen base en Bueu e Pontevedra, e por profesionais que descoñecen as rúas e parroquias de Marín.

Facemos nosas as reivindicacións desta folga sanitaria: Non ás privatizacións, os copagos, os recortes, por unhas condicións laborais dignas do persoal da sanidade, polo acceso universal á sanidade, pola gratuidade das prestacións e por unha sanidade pública de calidade.

Marín, 5 de Decembro de 2013.

Advertisements

About colectivo nacionalista de Marín

nacionalismo soberanía nacional
Imaxe | Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s