Manifesto Cidadán de Solidariedade cos independentistas xulgados en Madrid


Os axentes sociais, sindicais e políticos que asinamos esta declaración queremos transmitir á sociedade galega, á vista do xuízo de catro independentistas galegas a celebrar na cartaz_juizo_24_e_25_de_JunhoAudiencia Nacional de Madrid os próximos dias 24 e 25 de xuño, as seguintes cuestións que provocan en nós profunda preocupación e consideramos da máxima importancia:

1ª Denunciamos a excepcionalidade xurídica a que están sometidos os cidadáns galegos Eduardo Vigo Domínguez, Roberto Rodrigues Fialhega e Antom Santos Peres, presos sen se celebrar o seu xuízo desde hai ano e medio e dispersados a centos de quilómetros dos seus lugares de residencia nun incumprimento flagrante da lexislación e dos convenios e acordos internacionais asinados polo Estado español nesta materia que refliten, con absoluta claridade, que nengún preso ou presa pode permanecer encarcerado lonxe do seu lugar de residencia e contorna social.

2ª Queremos expresar a nosa solidariedade e afecto aos familiares dos independentistas presos e denunciar a extorsión económica á que son sometidos como resultado da dispersión penitenciaria, que se traduce nun gasto semanal insustentábel para desprazarse a prisións situadas a centos de quilómetros e poder visitar, durante só 45 minutos, os seus seres queridos. Alén desta extorsión, sumemos o esgotamento físico e o risco de acidente en estradas durante meses e anos e comprenderemos que esta situación, alén de ilegal, é inhumana.

3º Preocúpanos o intenso impulso político que adiviñamos neste xuízo, con peticións que alcanzan 64 anos de cárcere para os catro independentistas xulgados e a certeza de que, como tribunal de excepción que é, a Audiencia Nacionalresponde a directrices políticas e carece das mínimas garantías xurídicas esixíbeis, como xa denunciaron organizacións de dereitos humanos e instancias internacionais.

4ª A nosa preocupación alcanza o cénit ante a posibilidade de que este tribunal ditamine nese xuízo a existencia dunha “organización terrorista” en Galiza da que supostamente farían parte os procesados e a procesada Maria Ossório. Esta é, de feito, xunto ás desorbitadas penas solicitadas, a cuestión esencial a dirimir e a que posibilita semellantes peticións. Valoramos que a formalización xurídica da existencia desta suposta “organización” é unha estrataxema do Estado para abrir as portas á criminalización do soberanismo, facilitando detencións, ilegalizacións e o agravamento do xa de por si agudo déficit democrático que suportamos.

Neste sentido, chamamos á sociedade a valorar e reivindicar os puntos arriba expostos e a estar alerta ante a eventualidade de que, no que pode ser unha aplicación en Galiza do que se coñece como Dereito Penal do Inimigo, o xuízo dos días 24 e 25 de pé a unha volta de porca na represión política contra a ideoloxía e as organizacións soberanistas e independentistas que sería de todo punto de vista antidemocrática e inaceptábel.

Advertisements

About colectivo nacionalista de Marín

nacionalismo soberanía nacional
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s