Quen somos
O Colectivo Nacionalista de Marin xurde da necesidade de ocupar un espácio ideolóxico valeiro á esquerda dos partidos políticos presentes na nosa vila, xa que todos eles están entretidos na conquista do que se dou en chamar o “centro” esquecendo os intereses e preocupacións dos cidadáns.
Ese centro non é outra cousa que adaptación e domesticación, ser funcionais ao sistema, xogando cada un o papel determinado para satisfacer as demandas do mercado eleitoral. Teñen repartido o seu papel neste circo, temos partidos que se chaman de esquerdas, nacionalistas, de dereitas… temos de todo menos organizacións que teña uns plantexamentos e unha praxe clara na defensa dos intereses da colectividade. Por todo isto,
É necesária unha alternativa que defenda os intereses da maioria, que non prime ás empresas privadas fronte aos intereses do povo.
É necesária unha alternativa que aposte claramente por manter os servizos públicos fronte á onda privatizadora que embriaga a todos os “partidos responsábeis”.
É necesária unha alternativa claramente de esquerdas e nacionalista, pois Galiza é a nosa nación, o galego o noso idioma e a Autodeterminación o noso dereito, xa que como povo temos capacidade para decidir por nos mesmos o noso futuro.
É necesária a implicación e participación política do conxunto da sociedade, de cada un de nos, para que a toma de decisións se faga de xeito horizontal e non vertical. Para que non nos impoñan decisións desde as institucións que son contrárias aos nosos intereses, para parar o recorte de liberdades, parar as privatizacións, a desregulación laboral…
Por todo isto formou-se o Colectivo Nacionalista en Marin.
1 comentario »
RSS feed for comments on this post. TrackBack URI
Deixa un comentario
Bloguea en WordPress.com. | Theme: Pool by Borja Fernandez.
Entries and comments feeds.
Acabo de ler o “quen somos?” e extranoume que non haxa comentarios “ainda”. Pois nada que noraboa, non é doado, a pesar das evidencias palpables, en calquera concello galego, que uns veciños se den conta e constituan unha organización como a vosa. Noraboa tod@s, incluso aos que non son do CN
Comentario�Comentarios por Víctor — Agosto 1, 2009 #