o Colectivo Nacionalista presenta unha moción no concello para solicitar a dación en pago

O Colectivo Nacionalista de Marín vén de presentar no rexistro do concello de Marín unha moción sobre a dación en pago para o seu debate no vindeiro pleno municipal de febreiro.

A crise destapou a inxustiza e a enorme traxedia que supón para moitas persoas perder a vivenda, por non poder afrontar o pago da hipoteca, e seguir condenado a pagar a débeda contraida co banco ou caixa. Este drama non é para nada novo, moitas familias xa foron víctimas deste procedemento antes da crise, mais a dimensión da actual crise e o crecente número de afectados tornou este tema, antes silenciado, nun dos grandes problemas de actualidade para os medios de comunicación.

O alto endebedamento dos fogares non se debe a ningún capricho, como nos queren facer crer, senón que ten que ver coa continua perda de poder adquisitivo desde a entrada do euro. Así, se os salarios só subiron o 14%, a cesta da compra fíxoo nun 48%, os carburantes un 82%, os transportes entre 45 e un 58%, etc. facendo que miles de fogares cheguen afogados a final de mes. Dereitos constitucionais como o acceso a unha vivenda digna foron albo da especulación, xa que subiu o seu prezo até un 66%, converténdose no mellor dos negocios.

As previsións de distintos organismos, como o Banco de España ou o FMI, auguran un futuro aínda máis difícil, cunha nova recesión e máis desemprego e, xa que logo, un maior número de fogares que non poderán pagar a súa hipoteca. Segundo cálculos da Asociación de Afectados por Embargos e Subastas (AFES) o número de persoas que poderían perder a súa vivenda chegaría no 2015 a 510.000.

A dación en pago é unha figura que permitiría ás familias que non puideran pagar a súa hipoteca condonar a totalidade da débeda coa entrega da súa vivenda. Esta figura que xa se aplica, dun xeito ou doutro, noutros estados é semellante á que usan as empresas cando se declaran en quebra para liquidar as débedas cos seus acredores.

Esta moción está encadrada nunha campaña que están a realizar a Plataforma de Afectados pola Hipoteca e outras organizacións sociais para conseguir que os concellos se impliquen como parte perxudicada representando os seus veciños e veciñas afectados/as e se dirixa e esixa aos distintos gobernos e parlamentos que se mude a lei hipotecaria.

No entanto e malia que aliviaría a situación e permitiría ás familias comezar de novo de cero, para o Colectivo Nacionalista, a dación en pago é só un parche non unha verdadeira solución para facer real o noso dereito a unha vivenda digna. O verdadeiro problema non é só que moitas familias perderan as súas vivendas senón que moitas outras tan sequera tiveran a oportunidade de acceder a unha, porque o capitalismo convertiu cada unha das nosas necesidades e dereitos nun lucrativo negocio.

A seguir deixamos o texto da moción.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s