Polo monolingüismo social

Outubro 15, 2009 at 1:31 pm | In Uncategorized | 1 Comment

Os cidadáns e as cidadás de Galiza saímos á rúa para defendermos a Lingua Galega dun proceso histórico de substitución que colle folgos da man das políticas institucionais dos inimigos do galego. Ante os ataques que pretenden consumar o exterminio da Lingua unimos forzas por volta de tres reivindicacións:

Un país socialmente monolíngüe en Galego en que cidadáns e cidadás escollan libremente o dominio e uso de outros idiomas. Recusamos o bilingüísmo harmónico por ser a farsa que permite con aparencias democráticas a substitución do Galego polo español, á vez que oculta un conflito como o lingüístico na retórica das liberdades individuais, cando este só pode ter solucións sociais e colectivas.

A reactivación da acción normalizadora de base en todas as frentes sociais. Se a supervivencia da lingua é fruto da vontade política do pobo que a fala, esta máxima ten aínda máis vixencia baixo institucións indiferentes ou contrarias á normalización que toleraron a súa minorización social nestes 30 anos de Autonomía.

Un novo marco legal superador da desigualdade xurídica existente entre Galego e español que garanta a hexemonía social da lingua do País nun futuro non lonxano. A defensa dos elementos de discriminación positiva existentes na lexislación actual non é o teito das nosas reivindicacións.

 Na Galiza, em 18 de Outubro de 2009

1 comentario »

RSS feed for comments on this post. TrackBack URI

  1. Non debemos ter medo. A nosa lingua pervivirá. Se tantos anos de dictadura non puderon con ela, non sei a que ven este temor de que desapareza.
    Non está nas mans dos políticos, está nas nosas mans. Cousas tan sinxelas coma solicitar que os nosos documentos: testamento, asuntos notariais, esquela mortuoria, recordatorios da primeira comunión, invitacións de voda, e todo tipo de papeles oficiais que teñamos que facer. Todo iso está nas nosas mans. Fagámolo.
    E sobre todo, falar o galego na casa, coa nosa familia.
    Non comprendo a que ven tanto medo a estas alturas de que vai desaparecer.
    Aquí sobrevivimos a un montón de anos de “reinado de Fraga” e non pasou nada. Nembargantes, catro anos de escoitar os discursos do señor Touriño, iso sí que foi un tormento para os meus oídos, iso si que foi unha verdadeira destrucción da língua.
    Pero non falemos agora de política.
    Eu solo quero recomendarvos a todos que a mellor maneira de conservar o noso idioma é esixilo sempre en todos os asuntos oficiais. Ninguén nos pode negar ese direito.
    E por certo, denuncio que nas oficinas das concellarías de urbanismo e medioambiente do concello de marín, @sfuncionari@sfalan castelán.


Deixa un comentario

XHTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Bloguea en WordPress.com. | Theme: Pool by Borja Fernandez.
Entries and comments feeds.