Sanción de Augas de Galiza ao concello de Marín
Xullo 23, 2009 at 1:34 pm | In Uncategorized | Leave a CommentResolución do expediente sancionar ao Concello de Marín polas obras no río Lameiriña
Onte recibimos a resolución do expediente sancionar aberto por Augas de Galicia contra o Concello de Marín por denuncia con motivo das obras efectuadas no río Lameiriña e que afectaban á zona de servidume e á canle do río.
Na mesma recoñecese a infracción, por parte da administración local, pola realización dunhas obras incumprindo a normativa vixente ao non ter solicitado a correspondente autorización ante Augas de Galicia para a colocación de colectores de augas residuais, arquetas e cruces de formigón no río.
Como xa denunciamos esta actuación do concello de Marín, e máis concretamente da concelleira de Medio Ambiente Pilar Blanco, supuxeron un atentado ecolóxico e unha aberración paisaxística, incorrendo nunha actuación ilegal.
Augas de Galicia declara ao concello responsábel dunha infracción administrativa, a pesar de que tamén declara prescrita a sanción, polo tanto non haberá que pagar multa algunha. Aínda que por unha banda parécenos ben que o concello non teña que pagar, cos cartos de todos nos, a incompetencia dos seus actos; tamén temos que denunciar que se prescribiu a sanción e se declara a caducidade do expediente é por neglixencia de Augas de Galicia que resolveu o 13 de xullo de 2009 unha denuncia do 25 de outubro de 2007.
O máis importante desta resolución é o prazo que lle da Augas de Galicia ao concello de Marín para que no prazo dun mes “repoña as cousas ao seu estado anterior”, é dicir que ten que desfacer o actuado no río Lameiriña e deixalo no seu estado natural.
Por último queremos manifestar que seguimos considerando á concelleira de Medio Ambiente un lastre para o medio ambiente, xa que cada actuación que fai supón unha nova agresión ao entorno e non lle pasar por riba de outras institucións ou dos veciños de Marín.
Marín, 23 de xullo de 2009.
Aínda non hai comentarios »
RSS feed for comments on this post. TrackBack URI
Deixa un comentario
Bloguea en WordPress.com. | Theme: Pool by Borja Fernandez.
Entries and comments feeds.