MARCHA POLO MONTE DE SALCEDO
Xuño 24, 2009 at 8:44 am | In Uncategorized | Leave a CommentO próximo domingo 28 de xuño está convocada polos veciños de Salcedo unha marcha polo monte de Salcedo contra a franxa de seguridade que pretende a Brilat. Desde o Colectivo Nacionalista de Marín queremos manifestar o noso apoio aos veciños e veciñas afectados por esta situación, na que se atopa tamén Marín, que se van ver prexudicados pola intención do Ministerio de Defensa de ampliar esta zona. Ademais desta ampliación, os militares da Brilat están realizando unha serie de obras ilegais no monte, destrozando o medio natural e o patrimonio cultural. O que non se lle permite a calquera veciño consénteselle ao Ministerio de Defensa, que como organismo público debería ser o primeiro en dar exemplo.
Esta actuación da Brilat impide o normal aproveitamento dos montes por parte das comunidades de montes, limita a capacidade de obrar e realizar melloras nas casas afectadas pola zona de protección. Unha zona claramente exaxerada, de que se ten que protexer a Brilat? Os veciños non van realizar ningunha invasión da base militar, polo tanto non teñen nada que temer deles.
Facemos un chamamento ao pobo de Marín para que participe, pois tamén e parte afectada, nesta mobilización para defender os dereitos lexítimos dos veciños e veciñas da Brilat afectados pola irracional expansión dunha área que para nos é de desprotección. A marchar sairá ás 11 da mañá do Campo de Futbol do Casal – Salcedo, e ao remate estará instalada unha carpa no mesmo campo con polbeiras e comida a prezos populares.
Marín, 23 de xuño de 2009.
Aínda non hai comentarios »
RSS feed for comments on this post. TrackBack URI
Deixa un comentario
Bloguea en WordPress.com. | Theme: Pool by Borja Fernandez.
Entries and comments feeds.